Karolis Biveinis e Mónica de Nut reciben un premio no festival de Sapporo 2014

 

O coñecido Festival Internacional de Arte de Sapporo, en Xapón ten este ano 2014 presenza galega no seu palmarés. O compositor Karolis Biveinis e mais a cantante Mónica de Nut recibiron neste evento un Silver Award pola composición Voicing (III parte), composta por Karolis e gravada por mónica en 2014. Ryuichi Sakamoto, director convidado do festival, destacou que a «esta pieza embala o maior impacto, e o concpeto é o de arte moderna, polo que é unha excelente selección».

 

Ligazóns:

http://www.sapporo-internationalartfestival.jp/sound/en/

https://karolisbiveinis.bandcamp.com/track/part-iii-sing

http://www.karolisbiveinis.com

http://www.monicadenut.com

 

006

 

Dos artistas de Galicia galardonados en Japón

 

 

 

El compositor Karolis Biveinis y la cantante Mónica de Nut acaban de recibir un Silver Award en el prestigioso Festival Internacional de Arte de Sapporo 2014 celebrado en Japón. La composición galardonada «Voicing (III parte)», fue compuesta por Karolis en 2007 y grabada por Mónica este mismo año. El Director invitado del Festival, destacado compositor japonés Ryuichi Sakamoto ha comentado que: «Creo que esta pieza embala el mayor impacto, y el concepto es el de arte moderno por lo que es una excelente selección en cuanto a su adecuación al SIAF.». Cabe destacar que los artistas gallegos eran los únicos galardonados desde el continente Europeo. La composición «Voicing (III parte)» se sitúa entre los tres primeros puestos y que según el mismo Sakamoto: «era difícil elegir al mejor.».

 

 

 

Dous artistas de Galicia galardoados en Xapón

 

 

 

O compositor Karolis Biveinis e a cantante Mónica de Nut acaban de recibir un Silver Award no prestixioso Festival Internacional de Arte de Sapporo 2014 celebrado en Xapón. A composición galardoada «Voicing (III parte)», foi composta por Karolis en 2007 e gravada por Mónica este mesmo ano. O Director invitado do Festival, destacado compositor xaponés Ryuichi Sakamoto comentou que: «Creo que esta peza embala o maior impacto, e o concepto é o de arte moderna polo que é unha excelente selección en canto á súa adecuación ao SIAF.». Cabe destacar que os artistas galegos eran os únicos galardoados dende o continente Europeo. A composición «Voicing (III parte)» sitúase entre os tres primeiros postos e que segundo o mesmo Sakamoto: «era difícil elixir ao mellor.».

 

 

 

Acerca de admin

Mónica de nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… Licenciada en canto lírico en Escuela Superior de canto de Madrid, titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Vigo, diplomada en Maxisterio Musical na Universidade de Vigo. Estudia canto tradicional na Etrad de Vigo e jazz en Escola Estudio de Compostela e no SPJ de Pontevedra e ten experiencia na interpretación teatral e na danza contemporánea. Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de nut Trio, mellor disco 2012 segundo a revista Distrito Jazz, está a presentar o seu novo traballo Dos fios invisibles chegan as cores xunto co guitarrista Virxilio da Silva, gañador nos Premios da Música Martín Códax 2015 na categoría de músicas do mundo. Ten participado en montaxes operísticas, teatrais e de teatro musical, destacando a interpretación de Jenny na Ópera dos tres reás producido polo CDG, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.
Esta entrada fue publicada en Noticias. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.