RAÍCES AÉREAS, novo disco de Mónica de nut e Luís Martíns

 

cd-raices-aereas-

 

Mónica de nut, voz, e Luís Martíns, arpas celtas acústica e eléctrica, veñen de gravar o disco RAÍCES AÉREAS coa discográfica Freecode. Colabora Lucía Martínez nas percusións, zanfona e obxectos sonoros. Son e master Isaac Millán, Lagharteira Produccións. Deseño gráfico e fotografías Uqui Permui.

O elemento inspirador son as gravacións de recollida de campo en Galicia, cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recreamos esa herdanza aportando as nosas ás mediante a voz e a arpa.

 

dossier completo RAÍCES AÉREAS

 

facebook: https://www.facebook.com/raicesaereasgalicia

soundcloud: https://soundcloud.com/monica-de-nut/sets/raices-aereas-novo-disco-de

web: http://www.monicadenut.com/nut/

 

Cartel_A3-raices 2

 

Mónica de nut:

http://www.monicadenut.com

https://www.facebook.com/monica.denut

Lincenciada en canto pola Escuela Superior de Canto de Madrid, especialidade de Escena lírica. Titulada en canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo. Estudios de jazz en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Estudios de canto tradicional na Etrad de Vigo e con Mercedes Peón.

Formación corporal e danza con Mónica García, Rut Balbís, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez. Dous discos publicados como solista (Mónica de nut trío no 2011, Dos Fios invisibles chegan as cores no 2014, Raíces Aéreas no 2016) e colaboracións con agrupacións de folk, jazz, música  tradicional, música clásica, contemporánea e montaxes de ópera e teatro. Experiencia en teatros e festivais nacionais e internacionais.

No 2012 o seu primeiro disco en solitario, Mónica de nut trío, foi considerado mellor traballo discográfico de jazz español segundo DistritoJazz. Foi premiada polo Festival Internacional de Arte de Sapporo, Xapón 2014 pola interpretación da obra do compositor Karolis Biveinis Voicing (III parte), pola que recibiron un Silver Award da man de Ryuichi Sakamoto, director convidado do festival. No mesmo ano o seu disco Dos fíos invisibles chegan as cores foi seleccionado como mellor proxecto musical na categoría de Músicas do Mundo, nos Premios Martín Códax da Música Galega, e mellor disco de jazz español segundo Estrella Galicia Club 1906. No 2015 foi finalista do María Casares de Teatro á mellor música escénica pola obra Kassa da cñía Elefante Elegante, e no 2016 foi gañadora desta categoría pola música da obra Manawee da cñía Matrioshka.

Froito da sua formación e experiencia, o seu xeito de cantar caracterízase pola creatividade, o eclecticismo, a experimentación e o carácter difícil de encasillar nun estilo musical concreto así como a interacción con outras artes escénicas: danza, teatro, performance…

 

IMG_8388

_DSC2975

 

Luís Martíns:

https://www.facebook.com/luisdealxan

Músico e luthier inicia en Vigo a sua andadura oficial no taller da EMAO no ano 1996. Alí xurde a sua atracción pola arpa, instrumento que lle acompañará dentro e fora do seu taller. Fórmase como luthier con Ramón Casal e como arpista con Rodrigo Romaní durante os 4 anos de formación académica da EMAO. Foi arpista na orquesta de música tradicional Sondeseu e no cuarteto folk Areoula. Durante a sua evolución como arpista desenvolveu un particular xeito de interpretación forxando un estilo propio que o caracteriza. Actualmente exerce como luthier no seu taller en Soutomaior construíndo arpas e outros instrumentos de corda e participa en varias formacións musicais como 3Estralos e Primordiais, xunto con Marcelo González, co que está a presentar o disco Droguería Moderna.

 

13700066_994555613946044_5392138159349822568_n


FORMACIÓNS NO DIRECTO, diferentes opcións:


.- DUO ARPA E VOZ, semiacústico e electrónico


.- DUO con DANZA e AUDIOVISUAIS, 
con Isabel Sanchez e Leodán Rodríguez na danza e 
Laura Iturralde no audiovisual.


.- Posibilidade de contar coa colaboración de 
Lucía Martínez nas percusións e zanfona


Mónica de nut e Luís Martíns a voz, arpa e efetos electrónicos, e a colaboración de Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez na danza e Laura Iturralde á iluminación e proxeccións.



RAÍCES AÉREAS. Música e Danza


Ademais do formato a dúo, voz e arpa, 
Raíces Aéreas ven de conxugar música e danza contemporánea 
nun espectáculo que se completa co deseño de luces 
e proxeccións a cargo de Laura Iturralde e o deseño sonoro 
de Isaac Millán.


A música de raíz está ligada irremediablemente ao baile. 
Tal e como recreamos musicalmente ao noso xeito 
os cantos ancestrais galegos, así recrean coas súas coreografías 
Isabel Sanchez e Leodán Rodríguez. 
A nosa música materialízase na sua danza contemporánea. 


_DSC3024

Mónica de nut e Luís Martíns a voz, arpa e efetos electrónicos, e a colaboración de Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez na danza e Laura Iturralde á iluminación e proxeccións.

 

Prensa e televisión:

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=26608

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/raices-aereas-o-novo-disco-de-monica-de-nut-e-luis-martins

http://libreriasisargas.blogaliza.org/2016/09/05/presentacion-do-disco-raices-aereas-con-monica-de-nut-e-luis-martins/

http://e-tradvigo.blogspot.com.es/2016/10/extraescolares-etrad-presentacion-do-cd.html

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/monica-nut-regresa-novo-disco-tradicional-libre/20160822202339050441.html

http://www.radiogalega.gal/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-27-09-2016-2372236

http://praza.gal/cultura/13050/monica-de-nut-ao-final-o-mais-tradicional-e-o-mais-experimental/

http://www.cultura.gal/es/evento/26975/158/30648

http://acertezadamusica.blogspot.com.es/2016/10/monica-de-nut-raices-aereas.html

http://nitope.blogspot.com.es/2016/11/monica-de-nut-uis-martins-raices-aereas.html

 

Luís Martíns, arpa e electrónica, e Mónica de nut, voz e electrónica



NECESIDADES TÉCNICAS PARA ARPA E VOZ:

1 linea con d.i. para voz
2 lineas con d.i. para arpas acústica e eléctrica
1 micro de pinza con cuello para arpa acústica 
(tipos dpa 4099, atm 450 ou neumann km184)
2 monitores con envío independente 4 tomas de corrente



NECESIDADES TÉCNICAS PARA ILUMINACIÓN E AUDIOVISUAL:

12 PC 1000W 12 PAR 64 n.5
4 PAR 64 n.2
10 recortes 25-50° 5 panoramas 1000w
4 burras/torres de calle
1 mesa programable de luces mín 24 canais
1 proxector de vídeo frontal ou cenital de potencia acorde 
coas dimensións da sala (entrada VGA ou HDMI a control)



NECESIDADES TÉCNICAS PARA DANZA:

Cuberta de linóleo ou madeira no chan; 
2 por 8 metros mínimo destinados para danza 
na parte dianteira do escenario

Consultar para adaptación a espacios non convencionais



*No caso de contar coa colaboración musical de 
Lucía Martínez (percusión e zanfona): 

 1 micro para zanfona
 1 micro para udu, tipo sm45
 2 micros stéreos para percusión
 1 monitor con envío independente a maiores 
2 tomas de corrente a maiores 

Equipo ao completo coas colaboracións: Mónica de nut e Luís Martíns a voz, arpa e efetos electrónicos, e a colaboración de Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez na danza e Laura Iturralde á iluminación e proxeccións.

PRÓXIMOS CONCERTOS:



4 DE AGOSTO 2016 en Noia, Galiza
21:30H na praza do Tapal, Noia Harp Fest.

10  SETEMBRO 2016 en Porto, Portugal
Labirinto Eco-sensorial de 9:30 á 22h
Parque das Ribeiras do río Uíma

15 de SETEMBRO 2016, A Coruña, Galiza
LIBRERÍA SISARGAS ás 20 30h.
Presentación con petisco musical en acústico

18 de SETEMBRO 2016 en  Sober (Estación de Areas), Galiza 
Evento privado. Espazo natural, 18h.

25  SETEMBRO 2016 en Errentería, Euskadi
Festival Tosta, festas de Errentería.
Horario por determinar

27 de OUTUBRO 2016 no Teatro Principal de Compostela, Galiza
Colaboración de Isabel Sanchez e Leodán Rodríguez na danza.
20 30h.

2 de NOVEMBRO 2016 en Vigo, Etrad, Galiza
(Escola Tradicional de Vigo) hora por concretar

21 de ABRIL 2017 en Lugo, ciclo Lubicán Íntimo, Galiza

2, 3 e 4 de XUÑO 2017, reserva en festival de musica tradicional 
e improvisada en Bretana, Francia

10387644_10152497366922937_2432712712003146894_n

 

CONTACTO:

 

Mónica de nut

www.monicadenut.com 

nut@monicadenut.com

+34 658 056 955

 

Luís Martíns:

harpaluis@gmail.com 

+34 659 507 458

 

Ana Triñanes:

anatrianes@gmail.com

+34 678 034 593

 

 

 

Acerca de admin

Mónica de nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… Licenciada en canto lírico en Escuela Superior de canto de Madrid, titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Vigo, diplomada en Maxisterio Musical na Universidade de Vigo. Estudia canto tradicional na Etrad de Vigo e jazz en Escola Estudio de Compostela e no SPJ de Pontevedra e ten experiencia na interpretación teatral e na danza contemporánea. Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de nut Trio, mellor disco 2012 segundo a revista Distrito Jazz, está a presentar o seu novo traballo Dos fios invisibles chegan as cores xunto co guitarrista Virxilio da Silva, gañador nos Premios da Música Martín Códax 2015 na categoría de músicas do mundo. Ten participado en montaxes operísticas, teatrais e de teatro musical, destacando a interpretación de Jenny na Ópera dos tres reás producido polo CDG, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.
Esta entrada fue publicada en Noticias. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.