Aulas de técnica vocal con Mónica de nut

Traballo práctico da técnica vocal para voz falada e voz cantada. Control vocal baseado na conciencia corporal e liberación do son vocal persoal e único. Uso das diferentes calidades de voz e rexistros segundo as necesidades expresivas e estilos musicais (tradicional, jazz, rock, clásico, experimentación vocal).

A técnica vocal que fun perseguindo no académico e profesional, como cantante e actriz, é a que me permite comodidade, versatilidade de estilos e liberdade a nivel interpretativo. Non aplico ningún método exclusivamente; combino os recursos adquiridos por mestras de canto e de control corporal, recursos que fun practicando e interiorizando ó longo dos 20 anos que levo traballando a voz.

 

 

A miña formación:

Licenciada en canto en Escuela Superior de Canto de Madrid.

Titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo.

Estudios de jazz en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Estudios de canto tradicional na Etrad de Vigo e con Mercedes Peón.

Formación corporal e danza con Mónica García, Rut Balbís, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez.

Dous discos publicados en solitario e colaboracións con agrupacións de folk, jazz , música  tradicional, música clásica, contemporánea e montaxes de ópera e teatro. Experiencia en teatros e festivais nacionais e internacionais.

Máis de 15 anos de traballo docente, alumnado infantil e adulto, en Galicia e Madrid, e xestión académica con Música e Danza Viva en Escuela de Música Municipal de Valdemoro, como directora do departamento de Canto.

 

AULAS DE TÉCNICA VOCAL INDIVIDUAL E GRUPAL


AULAS EN VIGO (grupais e individuais) 

Simia Espacio, C/. Instituto oceanográfico, 2.
(esquina con Jacinto Benavente)36202. Vigo.
info: espaciosimia@gmail.com   

INTENSIVOS ITINERANTES 

info: nut@monicadenut.com

AULAS DE CREACIÓN MUSICAL  INFANTIL

Intensivos itinerantes.
info: nut@monicadenut.com

 

Próximos obradoiros intensivos:

 

17 de marzo de 2018 en Compostela, A Coruña

19 de marzo de 2018 en Mondariz, Pontevedra

 

 

10485800_10154455333820014_6613786370426849373_n

 

 

 

Ligazóns:

http://www.monicadenut.com

https://soundcloud.com/monica-de-nut/sets/gran-coro-de-beb-s-non-hai

https://www.facebook.com/pages/Escola-do-Medio/108671179303238

http://www.simiaespacio.com

 

 

 

Máis información:

www.monicadenut.com

nut@monicadenut.com

 

 

 

Acerca de admin

Mónica de nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… Licenciada en canto lírico en Escuela Superior de canto de Madrid, titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Vigo, diplomada en Maxisterio Musical na Universidade de Vigo. Estudia canto tradicional na Etrad de Vigo e jazz en Escola Estudio de Compostela e no SPJ de Pontevedra e ten experiencia na interpretación teatral e na danza contemporánea. Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de nut Trio, mellor disco 2012 segundo a revista Distrito Jazz, está a presentar o seu novo traballo Dos fios invisibles chegan as cores xunto co guitarrista Virxilio da Silva, gañador nos Premios da Música Martín Códax 2015 na categoría de músicas do mundo. Ten participado en montaxes operísticas, teatrais e de teatro musical, destacando a interpretación de Jenny na Ópera dos tres reás producido polo CDG, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.
Esta entrada fue publicada en Noticias. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Aulas de técnica vocal con Mónica de nut

  1. Miguel Angel dijo:

    «El progreso consiste en el cambio.» UNAMUNO, Miguel