Aulas de técnica vocal con Mónica de nut

Traballo práctico da técnica vocal para voz falada e voz cantada. Control vocal baseado na conciencia corporal e liberación do son vocal persoal e único. Uso das diferentes calidades de voz e rexistros segundo as necesidades expresivas e estilos musicais (tradicional, jazz, rock, clásico, experimentación vocal).

A técnica vocal que fun perseguindo no académico e profesional, como cantante e actriz, é a que me permite comodidade, versatilidade de estilos e liberdade a nivel interpretativo. Non aplico ningún método exclusivamente; combino os recursos adquiridos por mestras de canto e de control corporal, recursos que fun practicando e interiorizando ó longo dos 20 anos que levo traballando a voz.

 

 

A miña formación:

Licenciada en canto en Escuela Superior de Canto de Madrid.

Titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo.

Estudios de jazz en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Estudios de canto tradicional na Etrad de Vigo e con Mercedes Peón.

Formación corporal e danza con Mónica García, Rut Balbís, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez.

Dous discos publicados en solitario e colaboracións con agrupacións de folk, jazz , música  tradicional, música clásica, contemporánea e montaxes de ópera e teatro. Experiencia en teatros e festivais nacionais e internacionais.

Máis de 15 anos de traballo docente, alumnado infantil e adulto, en Galicia e Madrid, e xestión académica con Música e Danza Viva en Escuela de Música Municipal de Valdemoro, como directora do departamento de Canto.

 

AULAS DE TÉCNICA VOCAL INDIVIDUAL E GRUPAL


AULAS EN VIGO (grupais e individuais) 

Simia Espacio, C/. Instituto oceanográfico, 2.
(esquina con Jacinto Benavente)36202. Vigo.
info: espaciosimia@gmail.com   

INTENSIVOS ITINERANTES 

info: nut@monicadenut.com

AULAS DE CREACIÓN MUSICAL  INFANTIL

Intensivos itinerantes.
info: nut@monicadenut.com

 

Próximos obradoiros intensivos:

 

17 de marzo de 2018 en Compostela, A Coruña

19 de marzo de 2018 en Mondariz, Pontevedra

 

 

10485800_10154455333820014_6613786370426849373_n

 

 

 

Ligazóns:

http://www.monicadenut.com

https://soundcloud.com/monica-de-nut/sets/gran-coro-de-beb-s-non-hai

https://www.facebook.com/pages/Escola-do-Medio/108671179303238

http://www.simiaespacio.com

 

 

 

Máis información:

www.monicadenut.com

nut@monicadenut.com

 

 

 

Publicado en Noticias | 1 comentario

RAÍCES AÉREAS, novo disco de Mónica de nut e Luís Martíns

 

cd-raices-aereas-

 

Mónica de nut, voz e electrónica, e Luís Martíns, arpa e electrónica, veñen de gravar o disco RAÍCES AÉREAS coa discográfica Freecode.

O elemento inspirador son as gravacións dos anos 50 de cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral galega. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recreamos esa herdanza  mediante a experimentación coa voz e a arpa eléctrica, empregando efectos electrónicos e levando ambos instrumentos a lugares pouco frecuentes; importante salientar a formación ecléctica de Mónica de nut en canto clásico, jazz e tradicional e a faceta experimental de Luis Martíns, constructor das suas propias arpas, neste caso un híbrido entre harpa e baixo eléctrico.

 

Mónica de nut, voice and electrónica, and Luis Martíns, harp 
and electronics, have been recording the album RAÍCES AÉREAS 
with the record Freecode.

The inspiring element is the recordings of the 50s of songs 
of women who transmit all the Galician ancestral strength. 
How many raw, vital and powerful, connect us to the root 
of knowing where we came from and what is our essence. 
Hugely grateful for this spring, and with great respect, 
we recreate that inheritance through experimentation with 
voice and electric harp, using electronic effects and bringing 
both instruments to unusual places; It is important to emphasize 
the eclectic formation of Mónica de nut in classical, 
jazz and traditional and the experimental facet of Luis Martíns, 
the builder of his own harps, in this case a hybrid between 
harp and electric bass.

 



NECESIDADES TÉCNICAS PARA ARPA E VOZ:

1 linea mono para voz
2 lineas (unha estéreo) con d.i. para arpa eléctrica 
2 monitores con envío independente 
6 tomas de corrente


CACHÉ:

1200 EUROS + IVE

 

 

 

facebook: https://www.facebook.com/raicesaereasgalicia

soundcloud: https://soundcloud.com/monica-de-nut/sets/raices-aereas-novo-disco-de

web: http://www.monicadenut.com/nut/

 

Cartel_A3-raices 2

 

Mónica de nut:

http://www.monicadenut.com

https://www.facebook.com/monica.denut

Lincenciada en canto pola Escuela Superior de Canto de Madrid, especialidade de Escena lírica. Titulada en canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo. Estudios de jazz en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Estudios de canto tradicional na Etrad de Vigo e con Mercedes Peón.

Formación corporal e danza con Mónica García, Rut Balbís, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez. Dous discos publicados como solista (Mónica de nut trío no 2011, Dos Fios invisibles chegan as cores no 2014, Raíces Aéreas no 2016), forma parte de Banda Tosta, producida por Txalapart, Banda do último proxecto de Mercedes Peón, Projecto Minho, dirixido por Baldo Martínez, e colabora con agrupacións de folk, jazz, música  tradicional, música clásica, contemporánea e montaxes de ópera e teatro. Experiencia en teatros e festivais nacionais e internacionais.

No 2012 o seu primeiro disco en solitario, Mónica de nut trío, foi considerado mellor traballo discográfico de jazz español segundo DistritoJazz. Foi premiada polo Festival Internacional de Arte de Sapporo, Xapón 2014 pola interpretación da obra do compositor Karolis Biveinis Voicing (III parte), pola que recibiron un Silver Award da man de Ryuichi Sakamoto, director convidado do festival. No mesmo ano o seu disco Dos fíos invisibles chegan as cores foi seleccionado como mellor proxecto musical na categoría de Músicas do Mundo, nos Premios Martín Códax da Música Galega, e mellor disco de jazz español segundo Estrella Galicia Club 1906. No 2015 foi finalista do María Casares de Teatro á mellor música escénica pola obra Kassa da cñía Elefante Elegante, e no 2016 foi gañadora desta categoría pola música da obra Manawee da cñía Matrioshka.

Froito da sua formación e experiencia, o seu xeito de cantar caracterízase pola creatividade, o eclecticismo, a experimentación e o carácter difícil de encasillar nun estilo musical concreto así como a interacción con outras artes escénicas: danza, teatro, performance…

 

IMG_8388

_DSC2975

 

Luís Martíns:

https://www.facebook.com/luisdealxan

Músico e luthier inicia en Vigo a sua andadura oficial no taller da EMAO no ano 1996. Alí xurde a sua atracción pola arpa, instrumento que lle acompañará dentro e fora do seu taller. Fórmase como luthier con Ramón Casal e como arpista con Rodrigo Romaní durante os 4 anos de formación académica da EMAO. Foi arpista na orquesta de música tradicional Sondeseu e no cuarteto folk Areoula. Durante a sua evolución como arpista desenvolveu un particular xeito de interpretación forxando un estilo propio que o caracteriza. Actualmente exerce como luthier no seu taller en Soutomaior construíndo arpas e outros instrumentos de corda e participa en varias formacións musicais como 3Estralos e Primordiais, xunto con Marcelo González, co que está a presentar o disco Droguería Moderna.

 

13700066_994555613946044_5392138159349822568_n

 

Prensa e televisión:

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=26608

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/raices-aereas-o-novo-disco-de-monica-de-nut-e-luis-martins

http://libreriasisargas.blogaliza.org/2016/09/05/presentacion-do-disco-raices-aereas-con-monica-de-nut-e-luis-martins/

http://e-tradvigo.blogspot.com.es/2016/10/extraescolares-etrad-presentacion-do-cd.html

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/monica-nut-regresa-novo-disco-tradicional-libre/20160822202339050441.html

http://www.radiogalega.gal/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-27-09-2016-2372236

http://praza.gal/cultura/13050/monica-de-nut-ao-final-o-mais-tradicional-e-o-mais-experimental/

http://www.cultura.gal/es/evento/26975/158/30648

http://acertezadamusica.blogspot.com.es/2016/10/monica-de-nut-raices-aereas.html

http://nitope.blogspot.com.es/2016/11/monica-de-nut-uis-martins-raices-aereas.html

 

 

10387644_10152497366922937_2432712712003146894_n

 

CONTACTO:

 

Mónica de nut

www.monicadenut.com 

nut@monicadenut.com

+34 658 056 955

 

Luís Martíns:

harpaluis@gmail.com 

+34 659 507 458

 

Ana Triñanes:

anatrianes@gmail.com

+34 678 034 593

 

 

 

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en RAÍCES AÉREAS, novo disco de Mónica de nut e Luís Martíns

Tour BARBAZUL, opereta para clown e soprano con Borja Fernández e Mónica de nut

Entre os dous intérpretes construimos unha versión libre do mito de Barba Azul partindo do libreto que escribiu o poeta húngaro Béla Bálasz para unha ópera de Bartók no ano 1918. Barba Azul é un mito clásico da tradición europea, reinterpretado en multitude de ocasións, na linguaxe das artes literarias, escénicas e cinematográficas.

Na época que estamos a vivir os que nacimos a finais dos 70 parece que non hai espazo para o romanticismo nin para andar a xogar con metáforas sobre a condición humana, e menos aínda para levar a escena unha adaptación dun texto “nada moderno” no que a historia transcurre diante de sete portas dun castelo que se abren mostrando as fantasías e paranoias dun rico chiflado mentres a súa coitada muller insiste en amalo ata que non pode mais e fuxe a unha alcoba mentres agarda polos irmáns dela, que finalmente o matan. Pois si, nós queremos romper unha lanza a favor do romántico, os dobles sentidos, as metáforas e todo o que nos aparta desta realidade, asimesmo, tamén falsa, que nos queren vender.

 

BARBAZUL, unha sabotaxe amorosa.

Ligazón:

http://www.borjafernandez.es/borja-fernández/proyectos/barbazul/

DOSIER_BARBAZUL

 Video promocional:

https://www.youtube.com/watch?v=gMUYCz6MW88

 

 11884966_498730143624427_2234839729021707044_o

 

 

La pieza es una reinterpretación del mito de Barba Azul partiendo de la simbología que contiene el libreto del poeta húngaro Béla Bálaz  «El Castillo de Barba Azul» escrito para la ópera de Bartók de nombre homónimo.

En la época que estamos viviendo los quenacimos a finales de los 70 parece que no hay espacio para el romanticismo ni para andar a jugar con metáforas sobre la condición humana, y menos aun para llevar la escena una adaptación de un texto «nada moderno» en el que la historia transcurre delante de siete puertas de un castillo que se abren mostrando las fantasías y paranoias de un rico chiflado mientras su infeliz mujer insiste en amarlo hasta que no puede mas y huye a una alcoba mientras aguarda por los hermanos de ella, que finalmente lo matan. Pues sí, nosotros queremos romper una lanza a favor del romántico, los dobles sentidos, las metáforas y todo el que nos aparta de esta realida falsa que nos quieren vender.

 

BARBAZUL, un sabotaje amoroso

 

 

Contacto:

www.borjasalcedo@gmail.com

www.borjafernandez.jimdo.com

tlf. 655.333.005 

 

 

 

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en Tour BARBAZUL, opereta para clown e soprano con Borja Fernández e Mónica de nut

Karolis Biveinis e Mónica de Nut reciben un premio no festival de Sapporo 2014

 

O coñecido Festival Internacional de Arte de Sapporo, en Xapón ten este ano 2014 presenza galega no seu palmarés. O compositor Karolis Biveinis e mais a cantante Mónica de Nut recibiron neste evento un Silver Award pola composición Voicing (III parte), composta por Karolis e gravada por mónica en 2014. Ryuichi Sakamoto, director convidado do festival, destacou que a «esta pieza embala o maior impacto, e o concpeto é o de arte moderna, polo que é unha excelente selección».

 

Ligazóns:

http://www.sapporo-internationalartfestival.jp/sound/en/

https://karolisbiveinis.bandcamp.com/track/part-iii-sing

http://www.karolisbiveinis.com

http://www.monicadenut.com

 

006

 

Dos artistas de Galicia galardonados en Japón

 

 

 

El compositor Karolis Biveinis y la cantante Mónica de Nut acaban de recibir un Silver Award en el prestigioso Festival Internacional de Arte de Sapporo 2014 celebrado en Japón. La composición galardonada «Voicing (III parte)», fue compuesta por Karolis en 2007 y grabada por Mónica este mismo año. El Director invitado del Festival, destacado compositor japonés Ryuichi Sakamoto ha comentado que: «Creo que esta pieza embala el mayor impacto, y el concepto es el de arte moderno por lo que es una excelente selección en cuanto a su adecuación al SIAF.». Cabe destacar que los artistas gallegos eran los únicos galardonados desde el continente Europeo. La composición «Voicing (III parte)» se sitúa entre los tres primeros puestos y que según el mismo Sakamoto: «era difícil elegir al mejor.».

 

 

 

Dous artistas de Galicia galardoados en Xapón

 

 

 

O compositor Karolis Biveinis e a cantante Mónica de Nut acaban de recibir un Silver Award no prestixioso Festival Internacional de Arte de Sapporo 2014 celebrado en Xapón. A composición galardoada «Voicing (III parte)», foi composta por Karolis en 2007 e gravada por Mónica este mesmo ano. O Director invitado do Festival, destacado compositor xaponés Ryuichi Sakamoto comentou que: «Creo que esta peza embala o maior impacto, e o concepto é o de arte moderna polo que é unha excelente selección en canto á súa adecuación ao SIAF.». Cabe destacar que os artistas galegos eran os únicos galardoados dende o continente Europeo. A composición «Voicing (III parte)» sitúase entre os tres primeiros postos e que segundo o mesmo Sakamoto: «era difícil elixir ao mellor.».

 

 

 

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en Karolis Biveinis e Mónica de Nut reciben un premio no festival de Sapporo 2014

VOZ SOA, concerto-performance de voz electroacústica

 

Proxecto en solitario de Mónica de nut VOZ SOA, concerto performance en acústico, loops e efectos electrónicos, sen máis sons que a propia voz en diferentes rexistros: tradicional, ópera, experimental…

 


 

 

VIDEOS PROMOCIONAIS:

http://vimeo.com/33028242

http://vimeo.com/35276862

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/monica-de-nut-en-vivo-no-eirado

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/pemon-bouzas-despide-a-tempada-do-eirado-coa-musica-de-monica-de-nut

O espazo da tvG2 achegarase tamén á proposta musical de Mónica de Nut, unha cantante de ópera, jazz, música de raíz e música experimental, con experiencia tamén na interpretación teatral. (min 10:10)

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-18-01-2012

 

PRENSA:

http://www.corunahoy.com/web/2012/01/28/la-cantante-monica-de-nut-monta-un-sorprendente-espectaculo-solo-con-su-voz/

http://latuerka27.com/2012/01/monica-de-nut-_-voz-soa/

http://ocio.farodevigo.es/agenda/pontevedra/conciertos/vigo/eve-690555-la-experimentacion-monica-nut-vigo.html

vozhttp://picaversos.wordpress.com/2011/10/19/folla-volandeira-ferida/

 

Máis información:

www.monicadenut.com

 

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en VOZ SOA, concerto-performance de voz electroacústica

Novo disco Dos fios Invisibles Chegan as Cores

 

Despóis do éxito do seu primero disco Mónica de nut Trío, mellor disco do 2012 según a revista Distrito Jazz, chega a nova proposta Dos fíos invisibles chegan as cores, no mesmo selo discográfico Freecode Jazzrecords e coa producción de Pista Catro Productora de Soños.

Mónica de nut canta acompañada polo guitarrista Virxilio da Silva e coa colaboración de Marcelo Dobode na percusión tradicional e Javi JDjazz na trompeta e fliscorno.
A cantante segué a insistir na combinación da música clásica, o jazz, o rock e a tradición galega; música palleira, mestura de razas e estilos, dispersión sonora que acouga nas tripas. A esperanza está no inesperado, nos fios invisibles que traen as cores que van chegando.

 


DOS FIOS INVISIBLES CHEGAN AS CORES
Premiado dobremente!!!!



Mellor disco na categoría de Músicas do Mundo 
Premios Martín Códax da Música 2014.


Entre os 5 mellores discos de jazz do 2014.
http://www.club1906.es/noticia-jazz/los-5-mejores-discos-espanoles-de-jazz-de-2014/


Máis info e adquisición do discowww.monicadenut.com


 



PRÓXIMO CONCERTO: 


7 de Febreiro na Cidade da Cultura (CdC) 

dentro do festival ESCENAS DO CAMBIO


 

 

 

 

 

 

 

 

_DSC7972

 

 

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en Novo disco Dos fios Invisibles Chegan as Cores

Intervencións de rúa

Coas Intervención de Rúa, Mónica de nut achega o canto ao cotidiano interaccionando cos viandantes nas situacións máis inesperadas, rompendo esquemas e sons.

A esperanza está no inesperado

 

 

NON TE CORTES COA ÓPERA

Soprano lixeira ofrécese como peluquera en plena rúa coa promoción dous por unha: aria de pelo + aria de ópera. Non é o barbeiro de sevilla nin canta a Rossini pero para un corte de puntas pódeche cantar un Caccini.

 

 

 

ALBORADA, CANTO PARA ESPERTAR O DÍA

O canto de raíz galego convertido en alborada. Llamada a la fiesta, canto ritual de bienvenida, o canto alborado leva a luz ós lugares máis insospeitados.

 

 

Máis info: www.monicadenut.com

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en Intervencións de rúa

Entrevistas a Mónica de nut

 

Por Montse do Pico para Magazine Cultural Galego

“A esperanza chega do inesperado, que pode ser algo pequeno, sutil, case nin visible”

http://montsedopico.com/por-fora/e-deixar-fluir-esperanza-chega-inesperado-que-pode-ser-algo-pequeno-sutil-case-nin-visible-como-os-fios/

 

 

Por Serxio González para a Voz de Galicia

» A ópera non é mellor que unha banda de gaitas; só é diferente»

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/12/20/opera-non-e-mellor-ca-unha-banda-gaitas-so-e-diferente/0003_201312SF20P59910.htm?idioma=galego

 

 

Por Sara Prieto para a Voz de Galicia:

“Galicia ten moitas voces incríbles e descoñecidas»

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/08/07/galicia-voces-increibles-desconocidas/0003_201208S7C2991.htm?idioma=galego

 

 

Por María Soler para Zig Zag, diario cultural TVG2:

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/entrevista-a-cantante-monica-de-nut-sobre-o-seu-proxecto-en-solitario-voz-soa#.T9hcTxc-PZc

 

 

Por «Dalango, ein Unternehmen des Spotlight Verlags», Munich:

http://www.dalango.de/spanisch-lernen/interviews-monica-de-nut-saengerin

 

 

Por Fernando Frajo para El Correo Gallego:

“Todos mis temas están abiertos a la experimentación”

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/monica-nut-todos-mis-temas-estan-abiertos-experimentacion/idEdicion-2012-04-21/idNoticia-742571/

 

 

Foto: Sue Rainbow

 

 

Por «Estou na lavadora: Belén e noa»

“As nosas entrañas precisan falar”

http://estounalavadora.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-monica-de-nut.html

 

 

Por Lupe Gómez en Galicia hoxe:

Contemporánea e Ancestral

http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/contemporanea-ancestral/idEdicion-2011-06-05/idNoticia-676042/

 

 

Por B.R. Sotelino na Voz de Galicia:

É raro que diga que non a algo

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/11/08/0003_8092546.htm?idioma=galego

 

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en Entrevistas a Mónica de nut

Directos do disco Etheria de Isga Collective

discmedi:

ISGA COLLECTIVE proyectan en su música la modernidad de la sociedad gallega actual, cuidando y nutriéndose de su pasado y tradición. Desde sus inicios en el año 2005, mostraron su interés por la música de cuajo gallega y las corrientes de vanguardia. Su música es una de las propuestas más atractivas y originales de la escena gallega. Aunque de corte intimista, sorprende por su vitalidad y frescura, mostrando una Galicia actual y moderna. Después de obtener muy buenas críticas por su primero disco y sus directos (Liverpool, Edimburgo, Lorient, Frankfurt, Londres, Munich …),presentan su nuevo álbum «Etheria» (sul producciones 2011), un trabajo si cabe más orgánico que el anterior donde siguen investigando en la mezcla de diferentes corrientes musicales, dándole un sabor propio que confirma al grupo como una sólida propuesta y representación de la joven música gallega.

 

comprar disco: http://www.discmedi.com/catalogo/disco/4659/isga-collective/etheria

prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/12/06/0003_201112V6C11995.htm

info:

http://sulproducciones.blogspot.com.es/2011/12/isga-collective-presentacion-novo-album.html

músicos no directo:

CECILIA MARTÍNEZ – VIOLIN
DAVID OUTUMURO – BATERÍA E PERCUSIÓNS
ISAAC GARABATOS – GUITARRA ACÚSTICA E PIANO
JEAN MARC VAN LOO– BAIXO ELÉCTRICO
JESÚS ANDRÉS TEJADA – GUITARRA ELÉTRICA E UKELELE
LORENA FREIJEIRO – GAITA E FLAUTAS
MÓNICA DE NUT – VOZ E PANDERETA

 

 

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en Directos do disco Etheria de Isga Collective

Estrea de Mujer Muerta Caminando coa cñía Cámara Negra

Dossier_Mujer_Muerta_Caminando

O próximo 01, 02, 03,09, 10, 11,16, 17, 18,23, 24, 25

as 20:30h na “Zona C” de Santiago de Compostela

estaremos a estrear MUJER MUERTA CAMINANDO, da cñía Cámara Negra; unha proposta escénica a partir de textos da novela El Idiota de Dostoievski e música de Monteverdi, Bach, A. Carlos Gómes e J. Cage. Con Teté García, Alfredo Padilla, Xosé M. Esperante e Mónica de nut. Dramaturxia e dirección Carlos Álvarez Ossorio.

CRÍRICAS E PRENSA:

http://teatro.prazapublica.com/post/18898312815/ritos-de-morte

http://www.dioivo.eu/blogues/blogues-tematicos/critica/159-de-mulleres-mortas-e-principes-idiotas

Video promocional: http://vimeo.com/32929750

Máis información: http://www.camaranegra.org/menu.htm

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20347

http://www.alternativateatral.com/obra23113-mujer-muerta-caminando

Publicado en Noticias | Comentarios desactivados en Estrea de Mujer Muerta Caminando coa cñía Cámara Negra